A oliveira da pomba

Just another WordPress.com weblog

Febreiro 27, 2009

Arquivado en: Uncategorized — aoliveiradapomba @ 1:09 am

palomachula1 

Os homes falan moito de paz, pero non comprenden o seu verdadeiro sentido.

Cando pronuncian esta palabra pensan: paz económica, paz política,… pero ¿paz armada?

O primeiro paso, o gran paso a dar é a búsqueda da paz na súa conciencia;

A Paz tranquila, A Paz do corazón….

A paz da alma. Só esta PAZ pode producir todas as demáis paces.

Albert Chantraine

(Traducción do francés)

 

 

Quenes somos? Febreiro 27, 2009

Arquivado en: ¿Quenes somos? — aoliveiradapomba @ 1:01 am

qenessomos2Isabel García Alfonso

Cristina García Fandiño

Sofía García Fernández

Fátima Hernández Fernández

 

1º Bac C

 

O noso mapa Febreiro 27, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo — aoliveiradapomba @ 12:43 am

mapa

 

(preme na imaxe para vela en grande)

 

Este é o mapa do mundo, no cal están sinalados cuns misís os países nos que actualmente existen conflictos armados.

As estrelas brancas sobre algúns misís indican os conflictos sobre os que nos traballamos: Cachemira, Colombia, Palestina, República Democrática do Congo, Palestina e Xeorxia.

Á dereita da imaxe atoparedes a lenda co nome dos países sobre os que hai un misíl.

Aquí vos deixamos o video de elaboración do noso mapa:

 

Os conflictos armados no mundo Febreiro 27, 2009

Arquivado en: Introducción — aoliveiradapomba @ 12:40 am

introduccion6

Actualmente, no mundo teñen lugar máis de 30 guerras e conflictos armados non declarados, batallas entre países por cuestións de intereses persoais.

As causas de que un país decida comezar unha guerra poden ser varias, normalmente, as principais son económicas. Se ben hai guerras que se corresponden unicamente a estas causas, a maioría apóiase na existencia dunha serie de factores económicos, psicolóxicos, sociolóxicos, demográficos,etc. Nas guerras puramente económicas existen dous motivos principais para iniciala: a pobreza e necesidade dunha vida mellor ou a superabundancia de recursos, e polo tanto de soportar gastos en armas, abastecemento de exércitos,etc. As guerras que non se declaran explicitamente por motivos económicos poden apoiarse en diferentes causas:

·        Demográficas: A sobreabundancia de individuos nunha sociedade pode influír inconscientemente na guerra. Por exemplo, un grupo de mozos sen ocupación nunha sociedade estarán dispostos a provocar violencia social

·        Sociais: A guerra, en ocasións ven dada pola rivalidade entre culturas.

·        Xeográficas: Teñen como finalidade a conquista do territorio, normalmente pola súa riqueza natural.

·        Étnicas: O intento dun grupo humano de dominar outro impoñéndolle os seus idiomas, costumes, etc.

Ou por causas históricas, ambientais, políticas,etc.

 

introduccion7Porque unha sociedade está disposta a sociedade a entrar en guerra? Unha situación de inestabilidade social leva aos individuos a unha agresividade colectiva apoiada no sentimento de frustración do individuo ( complexo de fracaso, inferioridade, culpabilidade,etc) que desembocan no comezo dunha guerra. Os dirixentes dun pobo desempeñan gran influencia no comezo dun conflicto e a miúdo, utilizan as guerras para impoñer o seu poder.

Actualmente, os conflictos mundiais causan terribles consecuencias: centos de mortes diarias, violacións de mulleres e nenas, recrutamento de nenos para loitar nas guerras, etc.

 

 

 

 

 

 Existen multitude de países en guerra actualmente nos cinco continentes: Afganistán (dende 2001), Arxelia (1992) ,Chad (2006), Colombia (1964), Etiopía (2007), Filipinas(1969),Xeorxia (2008),a India (2003), Israel e Palestina (2000), Nixeria (2007), República democrática do Congo (1998), Rusia (1999), Sri Lanka (1983), Sudán (2003) e Uganda (1986) son tan só algúns exemplos dos máis de 30 conflictos actuais.

 

 hippies3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conflicto de Cachemira Febreiro 27, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo — aoliveiradapomba @ 12:28 am

cahemira1

Este conflicto ten orixe en 1947,cando o estado de Jammu e Cachemira ( de maioría musulmán pero gobernada por un maharajah hindú) decidiu unirse ó goberno de Nova Delhi, a India, tras independizarse esta de Gran Bretaña e pola incapacidade de defenderse fronte tribos paquistanís.

En 1948, Cachemira é invadida por Pakistán, con motivo da chegada á zona das tropas indias reclamando o seu territorio. Tras varios meses de combate, o alto ó fogo determinouse pola división da rexión en dúas: a hindú de Jammu e Cachemira, e a paquistaní.

Aínda con isto, a India e Pakistán xa se enfrontaron en tres guerras diferentes por Cachemira: en 1947, en 1965, e en 1971. Existindo unha derradeira no ano 1999. E, orixinadas principalmente pola diversidade de crenzas relixiosas que constitúen a zona (ver cadro “Grupos relixiosos”).

Actualmente Pakistán goberna unha metade da rexión de Cachemira, a India a outra metade, e China unha pequena parte do condado de Aksai Chin; ocupado en 1961. 

Grupos relixiosos no Val de Cachemira

Islam

95%

 

Hindúes

4%

Grupos relixiosos en Jammu

 

 

Islam

28%

Hindúes

66%

Sikhs

4%

Grupos relixiosos en Ladakh

 

Musulmáns

44%

Budistas

50%

Hindúes

5%

 

 

Conflicto de Colombia Febreiro 27, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo,Uncategorized — aoliveiradapomba @ 12:23 am

7966

Este é un conflicto armado interno no que existen tres grupos ilegais, negocios en narcotráfico e a delincuencia común, que fai que Colombia sexa un dos lugares máis perigosos.

As Forzas Revolucionarias de Colombia (FARC) e o Exército de Liberación Nacional (ELN) son dúas das principais guerrillas esquerdistas, orixinadas na década dos sesenta, ante a demanda dun reparto equitativo da riqueza e da terra, e as Autodefensas Unidas de Colombia (AUC), as paramilitares que as combaten. O líder das AUC, Salvatore Mancuso, abandona finalmente as armas no 2004.

Durante a época dos oitenta, os exércitos ilegais comezan a perder o apoio do pobo e empezan a financiarse principalmente co diñeiro do narcotráfico, extorsións e secuestros.

Durante os anos que transcorreron neste conflicto, houbo numerosos negociociacións de paz, como a de 1983, que finalmente foi suspendida no 2002 despois de que as FARC cometeu numerosos atentados e secuestra un avión comercial.

No 2008 o número 2 e portavoz das FARC, xunto con outros 16 guerrilleiros eran asasinados nunha incursión militar en territorio ecuatoriano o que provocou unha crise diplomática que se arranxou días despois.

O conflicto, que dura xa catro décadas, cobrou a vida de 60.000 persoas, 4.000 desaparecidos, case 3 millóns de desprazados e máis de 11.000 nenos soldados.

 

Conflicto de Palestina Febreiro 27, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo — aoliveiradapomba @ 12:10 am

clip_image0022

O conflicto Palestino  remontase ó período colonial e a aparición de dous movementos nacionalistas en Europa (o sionismo, que defendía a creación dunha entidade estatal para os xudeus dispersos polo mundo) e en Oriente Medio (movementos que facían valer a identidade árabe). As causas: territorio (ocupación de Israel de territorios palestinos), históricas e coloniais (creación do Estado de Israel), étnicas e relixiosas (xudeus, musulmáns e cristiáns) e recursos (a auga).

Foi a finais do s. XIX cando o sionismo pensou que Palestina, terra onde se fundou o xudaísmo, era o lugar ideal para o seu proxecto; e a nova poboación inmigrada ampliou territorios e discriminou ós árabes. Para poñerlle fin a isto, as Nacións Unidas propuxeron partir o territorio creando dous estados independentes e aínda que o plan foi rexeitado polos árabes no ano 1948 a comunidade xudía declarou a creación do Estado de Israel, que provocou a primeira guerra árabe-israelí. Os territorios palestinos de Cisxordania e Gaza quedaban baixo control de Xordania e Exipto, e a cidade de Xerusalén quedaba dividida. En 1964 creouse a Organización para a Liberación de Palestina (OLP), a cal serviu de moi pouco fronte os intereses de Israel que desde 1967 se apoderou da totalidade do territorio de Palestina do Mandato e deixou a Cisxordania e Gaza baixo control militar. Mais tarde, no 1995 e segundo o tratado de Oslo, os palestinos ampliaron as súas areas autónomas as principais cidades de Cisxordania e as competencias limitadas a Gaza e Xerico, aínda que Israel seguira controlando gran parte dos seus territorios. Por outro lado, a OLP organizou o seu Estado desde o exilio, non declarado ata o 1988, pero as súas intencións continuaban sen resultado e se produciu a chamada Intifada (levantamento da poboación palestina) en Cisxordania e Gaza.

A Guerra do Golfo creou as condicións necesarias para que se producira un marco de negociacions tutelado estratexicamente por EE.UU. e no 1991 iniciouse o proceso de paz que abriu unha vía de negociación entre árabes e israelís. De igual forma, aínda era necesario superar moitos obstáculos: os refuxiados e presos políticos; as vidas que cobrou a radicalización de certos sectores israelís e palestinos; o control de auga na rexión; Xerusalén… Obstáculos que cada vez provocaban mais estalidos populares palestinos que a propia policía palestina non podía controlar e o proceso de paz conxelase.

Actualmente, Israel construíu un muro de seguridade para deter a extremistas palestinos que intenten entrar en Israel, por isto, Ahmed Yassin (líder espiritual do grupo radical Hamas) e asasinado en Gaza; o que supón a execución extraxudicial de centos de palestinos por parte de Israel. Nas eleccións parlamentarias triúnfa Hamas e o escenario político palestino cambia por completo. Nese mesmo ano o seu goberno anuncia continuar a política de retirada de asentamentos xudeus en Gaza e estar disposto a manter conversacións de paz cos palestinos. Pero, de ser necesario, actuaría co obxectivo de establecer as fronteiras permanentes de Israel para o ano 2010.

 

 

Conflicto no Congo Febreiro 26, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo — aoliveiradapomba @ 11:58 pm

congo A segunda guerra do Congo iniciouse no ano 1998. Entre as principias causas do conflicto, atópase a loita por controlar a riqueza dos recursos naturais do país (diamantes, madeira, etc).

Tras unha primeira guerra a causa da contraposición das forzas democráticas do país (apoiadas por Uganda e Ruanda) contra a ditadura, que rematou formalmente no ano 1997; tivo lugar un conflicto no ano 1998 cando a victoria das forzas democráticas fixeron presidente a Kabila, que obrigou a Uganda e Ruanda a abandonar o país. Esto deu lugar a unha tensión entre países que reavivou a guerra .Uganda e Ruanda aliáronse contra Kabila e intentaron ocupar a capital do país, da que se esperaba unha inminente caída. Kabila recibiu axuda de Angola, Zimbabue, Chad, Libia, Sudán e as compañías mineiras de EE.UU , Canadá e Israel.(os países occidentais decidiron manterse neutrais)

A situación era cada vez máis grave, e engadíronse os problemas interiores de Uganda e Ruanda ,que creou combates étnicos. En 2001, o presidente Kabila foi asasinado e isto provocou unha grave crise. Cun novo presidente, levouse a cabo un  intento de poñer paz. No ano 2003,firmouse un acordo que finalizou oficialmente a guerra. As tropas estranxeiras abandonaron o país e a ONU enviou cascos azuis. Pese a isto, a oposición ao establecemento dunha administración pública, a corrupción no país que provoca a perda de gran parte dos recursos así como que estes sexan subtraídos pola administración e as diferencias étnicas, provocan brotes violentos dentro do país que causan  a morte de 100 persoas diariamente, destrúen a economía, explotan salvaxemente os recursos e agrava as diferencias raciais.

Coñecida como “ A guerra mundial africana” converteuse no conflicto continental máis grande da historia.

 

 

 

Conflicto de Xeorxia Febreiro 26, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo — aoliveiradapomba @ 11:51 pm

georgia1

A loita por Osetia do Sur
Osetia do Sur, república integrada na Federación de Rusia, arrastra un conflito separatista con Xeorxia desde a independencia da república ex soviética en 1991. Foi a partir de 1995 cando as disputas territoriais brotaron con máis forza despois de que as autoridades xeorxianas enfrontáranse cos separatistas locais.
O 19 de xaneiro de 1992, a maioría dos habitantes de Osetia do Sur votou a favor da súa incorporación a Rusia, tras o cal empezaron a recibir axuda desde o Norte, de onde chegaron combatentes. As autoridades de Osetia convocaron un referendo de independencia o 12 de novembro de 2006. O 99% da poboación local votou a favor da independencia, aínda que Tbilisi non recoñeceu a validez da consulta popular. Case o 90% dos surosetios teñen cidadanía rusa.
Abjazia, é unha rexión de gran interese para Rusia e Occidente, xa que por alí pasan importantes rutas de transporte enerxético. Formalmente pertence a Xeorxia aínda que de feito é soberana. Os surosetios gozan dunha independencia de facto (como os abjazos), pero non controlan o seu territorio. Os militares xeorxianos ocupan varias alturas que lles permiten bombardear tanto Tsjinvali como outras localidades. Desde a independencia de Kósovo, Rusia mostrou o seu apoio político e financeiro e a súa relación especial con ambas rexións.
O cruzamento de acusacións entre Tbilisi e Moscova foi unha constante no longo conflito que arrastran ambos países. Xeorxia, amparada por Estados Unidos e a UE, acusa a Rusia de “incentivar o separatismo”. O Kremlin, pola súa banda, culpa a Xeorxia pola escalada de tensión e por non pór fin ás disputas territoriais. A última crise entre ambos os países chegou coas acusacións xeorxianas pola derriba dun avión espía por parte de Moscova.

 

Cadro-resumo Febreiro 26, 2009

Arquivado en: Os conflictos armados no mundo — aoliveiradapomba @ 11:41 pm

Nesta presentación  deixamosvos o noso resumo sobre os conflictos xa explicados, que amosa polo miúdo as cuestións máis importantes.

os-nosos-conflictos

 

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.