A oliveira da pomba

Just another WordPress.com weblog

Conclusións Febreiro 26, 2009

Arquivado en: Conclusións — aoliveiradapomba @ 10:40 pm

Conclusións

 Actualmente todos vivimos nun clima de inseguridade e conflictividade, mesmo a paz e a prosperidade, característica dos países desenrolados é corrompida por este clima;

só chega con apretar o botón do televisor para ver pelexas, violacións ou asasinatos de calquer tipo. Neste traballo, eu e mailas miñas compañeiras falamos dos conflictos armados, aínda que para falar de guerras poderíamos falar, por exemplo, da “guerra” que ten lugar en miles de familias humildes tódolos días cando un home pégalle a súa muller ata que acaba por matala, ou viceversa; as dúas acaban case sempre coa morte.
Neste caso os conflictos dos que vai o traballo atópanse maioritariamente en países pobres como os pertenecentes a África, e a súa natureza é moi variada: por drogas, territorio, diferenta de culturas e razas, apoderación de recursos… En pleno s. XXI existen máis de 30 focos armados no mundo! Impresionoume verdadeiramente o conflicto árabe-israelí, algo tan sinxelo como parece repartir un territorio á metade e que os dous grupos poidan convivir con normalidade (aínda que non sei a que lle chamamos “normal” hoxe en día) e tranquilidade é verdadeiramente complicado e desastroso. Pero o que tamén é desastroso é que se invirtan grandes sumas de diñeiro en armas ou explosivos en vez de erradicar a fame no mundo, aínda que o ser humano non renunciará a súa propia ambición e despreciará os cartos. Será realmente o diñeiro o que xera está espiral de pobreza? Será está outra unha das tantas contradiccións da vida? Espero que non, e que polo menos, non en moitos anos,  logremos que os 30 conflictos sexan 15; aínda que me gustaría poder decir que son 0.
Sofía
 
 
 
Este traballo pareceume moi interesante, xa que non sabía que existían tantos conflictos activos no mundo actualmente. A mayoría deles están en África  e Asia. Un dos que máis me chamou a atención foi o do Congo, que mata a máis de cen persoas cada día, entre elas, unha gran parte son nenos. A mayoría das guerras prodúcense por causas económicos, con isto parece que lle damos máis importancia aos cartos que as nosas propias vidas. Outras son por causas políticas, e ata hai conflictos por causas territoriais como o de Xeorxia. Hai outros que son por causas tan sinxelas coma o petróleo, e ao non poñerse de acordo os países xa fan unha guerra.
Penso que as guerras deberían desaparecer, e teríamos que centrarnos máis noutras cousas coma en axudar a xente que o necesite, pero isto nunca será posible se non estamos todos de acordo.
Fátima
 
 
Hoxe en día no mundo hai numerosos conflictos armados, a maioría deles concentrados nos países subdesenvolvidos, xa que cando estes países entran en crise, vénse obrigados a adoptar programas de axuste estrutural, o que provocan un recorte dos gastos sociais, un incremento da pobreza, a conflitividade social,….
Estes conflictos están causados por numerosas causas: as condicións de pobreza económica son as principais, a represión dos sistemas políticos, as diferenzas étnicas,….
Cando se produce un conflicto, o desenvolvemento industrial fréase a causa da destrución, abandónanse as casas, moita xente queda sen traballo,… e aparece a fame.
Durante as guerras, elévanse os gastos militares para mercar armamentos (tanques, granadas, pistolas,…) que provocan miles de mortes en todo o mundo.
Eu penso que a única solución para evitar os conflictos ou para que os que existen hoxe en día desaparezan é o diálogo, aínda que moitas veces non é posíbel porque algunha ou as dúas partes implicadas non queren facelo ou polo menos intentalo; ou porque ese conflicto é un conflicto armado  no que existen grupos ilegais, coma en Colombia, que mediante os procesos de paz podería frearse a violencia, pero non facer desaparecer todo o que fixeron no pasado a persoas inocentes que pedirían que os culpables fosen encarcerados e estes non creo que estiveran de acordo en facelo.
 
 Cristina
 
Ás veces non chegamos a ser conscientes da cantidade de conflictos que existen no mundo, conflictos que, ao longo dun día chegan a matar a centos de persoas en diferentes recunchos do planeta.
É certo que un de nós só non pode facer nada para evitar que un importante político utilice o seu poder para oprimir a un país subdesenvolvido, que dúas etnias distintas empreguen a violencia como consecuencia do intento de impoñer as súas culturas ou pola rivalidade entre elas, e tampouco que dentro dun país se creen revoltas entre dous bandos que acaba por matar a miles de combatentes dos dous grupos.  Se ben é certo que un só de nos non pode loitar contra todos iso, tamén é certo de que, ante problemas como estes a sociedade en conxunto si pode actuar, é máis, debe actuar. Existen moitas formas de opoñerse ás guerras: fomentando medidas pacifistas, promovendo os dereitos humanos, deixando a un lado á violencia, e dicir, mediante a educación que nos dan dende que nacemos. Debemos opoñernos a calquera conflicto que empregue as armas como medio.
De forma inconsciente, a sociedade tamén impulsa á maioría dos conflictos actuais:, detrás de todos eles están motivos económicos: os países desenvolvidos aproveitan as súas situacións privilexiadas fronte aos países con poucos recursos económico pero gran riqueza de natural. A importancia que se lle da a aos cartos é o inicio de moitas guerras, importancia que ven dada pola sociedade capitalista na que vivimos, que chega a antepoñer a economía ás  vidas de miles de persoas.
A miúdo os nenos xogan con pistolas, con xogos de ordenador que teñen como finalidade matar xente, ven películas cargadas de agresividade,etc. ¿ Realmente este é o modo correcto de educar a unha xeración? ¿Realmente é a guerra motivo de xogo? A miúdo non somos conscientes diso pero nas guerras toda a sociedade aporta o seu graíño de area: fomentando violencia nas novas xeracións ou tendo unha actitude pasiva fronte aos problemas que existen no mundo. Hoxe son eles,  países afastados dos que coñecemos datos mediante os  medios de comunicación: cifras de mortes, atentados,etc. Pero ¿ e se mañá nos toca a nos?
 
Isabel 

 

 

 

 

 

 
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.